Un vehículo acaba calcinado tras unha saída de vía en Santiago

Estado do coche sinistrado en Ames PROTECCIÓN CIVIL AMES

O suceso ocorreu no punto no que enlazan a Autovía de Noia e a AP-9 na capital galega

Un vehículo resultou completamente calcinado nun incendio que se orixinou tras unha saída de vía, pouco antes das seis da madrugada, no punto no que enlazan a Autovía de Noia e a AP-9 en Santiago de Compostela. 

Segundo informou o servizo de urxencias do 112 Galicia, o vehículo de saíu da vía, superou a mediana e comezou a arder. Con todo, o condutor abandonou o coche despois do accidente, co que non chegou a verse afectado o incendio que calcinou por completo o automóbil. 

En todo caso, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos efectivos do 061-Urxencias Sanitarias, co fin de atender ao condutor das posibles feridas causadas polo impacto. 

Tamén se informou aos Bombeiros de Santiago, que sufocaron o incendio que calcinou o vehículo na súa totalidade. Ademais, os efectivos de extinción contaron coa colaboración dos membros do GES de Brión e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. 

ACCIDENTE EN AMES. Na madrugada deste venres tamén se rexistrou outro accidente na mesma vía. Un vehículo envorcou na AG-56 ao redor das 1.30 horas.