O vento en Pontevedra arrastra árbores e ramas ás estradas
Os fortes refachos de vento este luns pola noite en Galicia derrubaron árbores e arrincaron ramas que arrastraron ata as estradas, sobre todo da provincia de Pontevedra, informan a Efe fontes de Urxencias 112. No entanto, engade o 112, non representaron ningún perigo para a poboación nin para a circulación.
O litoral da comunidade permanece este martes en alerta amarela por choivas e fortes ventos, que superaron os cen quilómetros por hora en Viveiro e Cedeira e pasaron os 90 en Cuntis, en Pontevedra.
Ademais, esta provincia rexistrou fortes choivas que deixaron máis de 46 litros por metro cadrado en localidades como Poio.
Na Coruña, o Concello da capital herculina pechou zonas de parques e xardíns como parte dunha serie de medidas de prevención ante a alerta por vento, de ata forza 7 en zonas marítimas.
Os parques e xardíns da Torre de Hércules, do Campo de Marte, de Xubias de Abaixo, Carlos Casares, a Maestranza e o acceso principal ao parque de Santa Margarita permaneceron pechados ata as 8.00 horas.