Vigo apagará o domingo as luces de Nadal cun éxito "inconmensurable"
En canto ao Belén da Casa das Artes, foi visitado por 101.016 persoas, o que supón un incremento de 62 por cento con respecto ao ano anterior, cando o visitaron 62.000.
"O domingo 12 apágase todo ás 20.00 horas e ímolo a facer con solemnidade e con conta atrás"
Algo parecido sucedeu co poboado do Nadal, que recibiu un total de 72.464 visitas, o que implica un 30 por cento máis que ao ano anterior, así como co Nadal Bus ou a Casa de Papa Noel.
A afluencia de xente no centro da cidade deixouse notar ao longo de todas as festas nas longas colas fronte á nora, nas rúas pechadas para permitir o paso dos visitantes e, sobre todo, na ocupación hostaleira, do cento por cento moitos días, subliñou Caballero.
"O domingo 12 apágase todo ás 20.00 horas e ímolo a facer con solemnidade e con conta atrás porque esta foi o Nadal máis importante que se fixo nunca en ningunha cidade de España", dixo o rexedor, que sinalou que Vigo e a súa forma de entender o Nadal convertéronse nun referente a nivel nacional e internacional.