Un vigués falece ao caer co seu coche desde a ponte internacional de Tui

Un camión cargado de madeira envorcou e impactou contra o turismo

Un camión cargado de madeira envorcou este mércores na ponte internacional de Tui, en dirección Portugal. Ao envorcar cruzou a mediana e golpeou a un coche que, a consecuencia do impacto, caeu da ponte.

Os servizos de urxencia non puideron facer nada por salvarlle a vida ao condutor do turismo, un veciño de Vigo de 42 anos, segundo informa a Televisión de Galicia.

A vía estivo cortada ao tráfico durante boa parte da madrugada deste xoves para poder retirar a carga do camión.