O vigués Marcos González, elixido mellor barista de España
18 de abril de 2018 (22:36 h.)
O representante da marca Delikia Fresh impúxose na final a outros cinco especialistas
O galego Marcos González proclamouse este mércores mellor barista de España, a denominación coa que se coñece ao profesional da preparación de cafés.
Segundo informou a organización do salón Hostelco, que este ano se celebra conxuntamente co salón Alimentaria, este vigués, representante da marca Delikia Fresh, impúxose na final a outros cinco especialistas procedentes de Canarias, Castela e León, Galicia, Madrid e Valencia.
Todos os finalistas prepararon catro espressos, dous cappuccinos e dúas bebidas de especialidade co espresso como base en 16 minutos mentres explicaban aos xuíces que café elixiran, as súas propiedades e a mecánica de preparación.