Villares, "alegre" por que as dereitas "non somen"

O portavoz nacional de En Marea sinalou que "o medo fixo que se concentrase o voto no PSOE" 
 

Luís Villares. ÓSCAR CORRAL
photo_camera Luís Villares. Óscar CURRAL

O portavoz nacional de En Marea, Luís Villares, mostrou este domingo a súa "alegría" debido a que "as dereitas non suman para conformar un Goberno", a pesar de que, con máis dun 90% do escrutinio, a súa organización política non obtivo ningún deputado no Congreso, e asegurou que "o medo fixo que a cidadanía concentrase os seus votos no PSOE". 

Así o sinalou Villares en rolda de prensa na noite deste domingo, onde agradeceu a "alta participación" nestas eleccións xerais "desenvolvidas nun contexto onde o medo primou sobre as ideas". 

"Estamos aliviados e alegres pola concentración do voto que fixo que a dereita non some e sentimos como propia esta concentración, porque a xente que nesta ocasión votou ao PSOE, é a mesma que nos apoia a nós", subliñou. Así mesmo, indicou que esta situación "de urxencia" foi "puntual", polo que non cre que teña repercusión nas municipais de maio. 

"En canto á situación de Galicia neste contexto, a forte polarización do voto progresista foi eficaz para parar á dereita, pero nos deixan cunha voz débil no Congreso para a defensa dos dereitos dos galegos", lamentou. 
 

Comentarios