lunes. 12.04.2021 |
El tiempo
lunes. 12.04.2021
El tiempo

As vítimas de violencia machista aumentan un 3,8% en 2019

Supón un incremento de case o dobre de avance no Estado

Galicia rexistra un total de 1.356 mulleres vítimas de violencia machista en 2019 -con ordes de protección ou medidas cautelares ditadas-, o que supón un 3,8% máis que o ano anterior, segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estadística (INE). 

Este incremento é case o dobre do producido en España (+2%). De feito, Galicia conta coa quinta maior subida entre comunidades, nun aumento que protagoniza Baleares (+16,1%). 

Con todo, en termos relativos Galicia conta coa terceira taxa máis baixa, con 1,1 vítimas inscritas no Rexistro Central para a Protección das Vítimas de Violencia de Xénero por cada 1.000 mulleres. A media española está en 1,5 casos. 

Pola súa banda, as comunidades autónomas con maior número de vítimas inscritas por violencia de xénero no ano 2019 foron Andalucía (7.101), Comunidade Valenciana (4.909) e Comunidade de Madrid (3.624), con Galicia en noveno lugar en termos absolutos.

VIOLENCIA DOMÉSTICA. No tocante á violencia doméstica, en Galicia houbo 138 homes vítimas en 2019, un 3,8% máis, lixeiramente inferior ao avance que ten lugar en España (+4,1%). 

Neste sentido, as mulleres vítimas de violencia doméstica foron 233, un 4% máis que o ano anterior. Aquí, por encima da alza do 3,3% no Estado.

As vítimas de violencia machista aumentan un 3,8% en 2019
comentarios