A vivenda de uso turístico alcanzou en agosto unha ocupación similar a 2019

Pechou o mes no 82% tras esquivar o golpe da pandemia
Xente gozando do sol na praia. BEATRIZ CÍSCAR
photo_camera Persoas gozando dunha praia pontevedresa. BEATRIZ CÍSCAR

A vivenda de uso turístico en Galicia apenas sufriu o golpe da pandemia en agosto. Na segunda quincena do mes de vacacións por excelencia rexistrou niveis de ocupación de en torno ao 82%, similares aos do verán pasado, e a primeira parte de agosto fora incluso mellor, chegando a colgar moitos destes aloxamentos o cartel de completo pese ao escenario de crise sanitaria e restricións fronte ao virus.

Así o explican desde a Asociación de Propietarios de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga), recordando que é un patrón habitual que a ocupación caia ao final de agosto, ao que este ano contribuíron o mal tempo e os rebrotes. Con todo, o sector logrou manter o tipo e, co balance de xullo —mes cunha ocupación do 68%, apenas tres puntos menos que en 2019— e agosto na man, Aviturga sinala que as vivendas de uso turístico de Galicia "esquivaron os efectos do Covid-19" e que a comunidade "consolidou a súa imaxe de destino seguro e non masificado".

Os mellores datos para estes aloxamentos arroxounos a provincia de Pontevedra. Nas Rías Baixas a ocupación alcanzou o 81% de nbsp;media&nos últimos quince días de agosto. Aloxamentos situados en Sanxenxo, A Illa de Arousa, A Guarda, Bueu, Cangas, Baiona, Cambados, Poio, Nigrán, O Grove, Silleda, A Estrada ou Campo Lameiro enchéronse.

Os hóspedes decántanse por aloxamentos con xardín, piscina e outras prestacións de lecer sen necesidade de saír de casa

Co mesmo porcentaxe pechou agosto a provincia da Coruña, a segunda onde a vivenda turística tivo máis tirón, coa Pobra do Caramiñal, Camariñas, Muros. Miño, Carballo, Ares, Corcubión, Cartona e Cee á fronte da demanda en relación á oferta.

Lugo mantivo unha ocupación do 75% e destinos da provincia de Ourense como Ribadavia, Castro Caldelas ou Toén superaron o 80%. En xeral, as grandes cidades rexistraron cocientes de ocupación inferiores a pobos e vilas mariñeiras máis pequenas.

En canto ao tipo de vivenda máis buscada, os hóspedes prefírenas con xardín, unha piscina ou outras prestacións de lecer sen necesidade de saír de casa. A estancia media dos viaxeiros en destino turísticos tradicionais na segunda quincena de agosto foi inferior á da primeira, limitándose a cinco días, mentres nas vivendas en zonas máis illadas prolongouse ata os sete.

En canto á procedencia dos inquilinos, Madrid, Asturias, País Vasco, Castela e León e Cataluña son as principais cidades de orixe, xunto a un importante movemento interprovincial en Galicia.

Comentarios