Volve o sol a Galicia... ata o venres

A primeira fin de semana de xullo chega con choiva e nubes
Buen tiempo en Galicia. ARCHIVO
photo_camera Bo tempo en Galicia. ARQUIVO

Galicia recupera este mércores a influencia anticiclónica. Os ceos estarán parcialmente nubrados pola mañá, con bancos de néboa en zonas de interior, e máis despexados pola tarde. 

As temperaturas mínimas non sufrirán cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de dirección variable.

A previsión do mércores. METEOGALICIA

O cambio que se avanzará o mércores plasmarase de forma definitiva o xoves. Xullo empezará co anticiclón entrando en forma de cuña desde os Azores ata Galicia. 

Así, o primeiro día do mes traerá un tempo seco con ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, aínda que pola noite poderían aparecer nubes de tipo alto. As temperaturas tamén experimentarán un lixeiro ascenso, con máximas que alcanzarán os 30 graos en Ourense e roldarán os 25º noutras capitais como Lugo, Pontevedra, Santiago ou Vigo.

 

FIN DE SEMANA. O venres Galicia irá perdendo a influencia anticiclónica, coa chegada de nubes pola tarde. E o sábado xa volverá o mal tempo. A comunidade quedará nun réxime de ventos de compoñente oeste. Isto tradúcese en que haberá nubes baixas na franxa atlántica con choivas intermitentes. O ceo estará algo máis despexado nas provincias de Lugo e Ourense. O domingo a tónica será parecida, segundo Meteogalicia, aínda que a previsión, a varios días vista, aínda pode cambiar. 

Comentarios