Vox non cala en Galicia

É a sexta forza e non obtén representación

El candidato de Vox, Santiago Abascal, en la puerta del Palexco en A Coruña. CABALAR, EFE
photo_camera O candidato de Vox, Santiago Abascal, na porta do Palexco na Coruña. CABALAR, EFE

Santiago Abascal non tiña pensado facer campaña en Galicia aínda que finalmente, e por sorpresa, programou un acto na Coruña, onde a formación ultradereitista pensaba que tiña posibilidades de sacar un deputado. Pero nin iso. En Galicia, Vox non cala.

Co 55% escrutado é a sexta forza máis votada, por detrás de PSOE, PP, Unidas Podemos, Ciudadanos e BNG. Só logra un 5% dos apoios, lonxe do 10'% que consegue no conxunto de España, aínda que moi por encima do 0,07% que obtivo nos comicios estatais de 2016.

Por provincias, Vox é sexta forza na Coruña e Pontevedra e en Lugo escala unha posición, superando ao BNG, e convértese no quinto partido máis votado.

Comentarios