O xoves asina unha pequena tregua con poucas nubes e temperaturas máis altas

Nubes con sol. EP

Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados

O xoves Galicia quedará transitoriamente na influencia das altas presións, con ventos de compoñente sur.

Así, espérase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados, con intervalos de nubes altas.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso.

Os ventos soprarán de compoñente sur, moderados, con intervalos fortes no litoral atlántico, aumentando en intensidade en xeral pola noite, sendo fortes no litoral e zonas altas.