Os xulgados de Vigo piden a Portugal a extradición do dono de Las 5 Jotas

José Manuel Costas foi detido o pasado venres no país luso logo de dous anos fuxido

José Manuel Costas, dueño de Cinco Jotas. AEP
photo_camera José Manuel Costas, dono de Cinco Jotas. AEP

Varios xulgados de Vigo e doutras localidades preparan sendas ordes internacionais de detención por cada unha das causas abertas contra o empresario vigués José Manuel Costas, dono de Las 5 Jotas e condenado no marco da maior trama de fraude fiscal mediante facturas falsas destapada en Galicia, unha vez que foi arrestado en Portugal logo de dous anos fuxido. 

Estas requisitorias, que ata agora eran ordes de procura de ámbito nacional, sumaranse á orde de procura e captura internacional que emitiu no seu momento o Xulgado do Penal número 3 de Vigo, que foi "o primeiro xulgado que tiña unha ejecutoria contra el". 

Así o confirmaron este luns fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que indicaron que entre a ejecutoria e os procedementos abreviados, en xulgados de Vigo hai abertos uns 16 casos en contra de Costas. 

Segundo explicaron estas mesmas fontes, por mor da detención do empresario o pasado venres en Portugal pola orde do Penal número 3, os maxistrados dos demais xulgados consultaron a situación e decidiron que "o máis conveniente" é emitir as ordes internacionais. Estas requisitorias serán remitidas a Portugal, para que un xulgado luso decida sobre a súa extradición. 

No caso de que o xulgado portugués autorice a súa extradición para que volva a Galicia, o xulgado vigués que se ocupa da súa causa terá que pronunciarse, aínda que previsiblemente debe ingresar en prisión, tendo en conta que estaba condenado por unha fraude millonaria.

MACROCAUSA. José Manuel Costas é considerado o xefe da trama de Las 5 Jotas e, cunha condena firme de seis anos de cárcere, fuxiuse antes de ingresar en prisión hai case dous anos, en xullo de 2016. A partir de aí, emitíronse contra el ordes de procura a través de Europol e Interpol. 

Aínda que está relacionado directamente en case unha vintena de casos, nesta causa complexa e ampla por fraude millonaria a través de facturas falsas tamén están implicados familiares seus (o seu irmán está en prisión), outros empresarios e bancos. Así, a causa ten moitas pezas separadas e ao redor do armazón celebráronse numerosos xuízos contra outras empresas. 

De feito, a finais de xaneiro, o Xogado do Penal número 3 de Vigo ditou auto nun procedemento derivado da macrocausa de Las 5 Jotas para o ingreso en prisión de Fernando G.M., responsable da consultoría Darzal, que foi condenado a 26 anos e medio de cárcere por un delito continuado de falsidade en documento mercantil, e delitos contra a Facenda Pública. 

Comentarios