A Xunta convoca as maiores oposicións de Educación da historia: 3.654 prazas
28 de noviembre de 2019 (14:52 h.)
Do total, 2.036 serán de nova creación e o resto (1.618) de promoción interna
O Goberno galego deu este xoves o visto e prace a unha oferta pública de emprego (Ope) en educación pública de 3.654 prazas, das que 2.036 serán de nova creación e o resto (1.618) de promoción interna.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou en conferencia de prensa que se trata da "maior oferta" de emprego público na educación galega desde a transferencia das competencias.
As prazas corresponden a 88 especialidades, das que 30 levan "unha década sen convocarse", dixo Núñez Feijóo, que explicou que esta proposta será levada nos próximos días á mesa sectorial para concretar a oferta antes da súa aprobación definitiva.