A Xunta destinará 20 millóns para formación no sector da automoción

A iniciativa planea mellorase a capacitación de 9.000 traballadores e fomentará a contratación nas empresas

Centro de PSA, en Vigo.AEP
photo_camera Centro de PSA, en Vigo.AEP

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves o lanzamento do programa Emprega Automoción para mellorar a capacitación de 9.000 traballadores do sector, 5.000 persoas ocupadas e 4.000 desempregadas, ao que afirmou que destinará 20 millóns de euros ata 2020.

Nunha conferencia de prensa posterior á reunión semanal do Goberno galego, Feijóo apuntou que esta iniciativa pretende contribuír á adaptación dos traballadores galegos a novos perfís profesionais que demanda o mercado laboral e o reforzo dos vínculos entre o sistema de formación e a industria.

"Necesitamos seguir o compás das demandas do sector", resumiu o presidente da Xunta.

Para iso, este plan agrupará tres iniciativas diferentes, unha delas totalmente nova.

Deste xeito, créase o bono Emprega Automoción, que apoiará a formación á carta de 4.500 persoas cun orzamento de nove millóns de euros, cos que a Xunta financiará o 50 % da formación ata un máximo de 2.000 euros por empregado contratado desde o pasado 1 de xaneiro.

As empresas terán dereito a un bono de 2.000 euros cando contraten ao empregado

A iniciativa prevé que primeiro as empresas deben contratar ao empregado "e só unha vez contratados teñen dereito a un bono de 2.000 euros".

A segunda iniciativa, que comezará a funcionar nas próximas semanas, será a das 67 unidades formativas para un total de 830 persoas entre desempregados e ocupados, todas elas estarán financiadas polo Goberno galego na súa totalidade.

No caso dos despedidos, as empresas adquirirán o compromiso de contratar o 40 % de alumnos que formen.

Para rematar, o programa prevé cursos para desempregados nos que se outorgarán formación homologada ás persoas en situación de desemprego coa posibilidade de acceder a certificados de profesionalidade con validez no territorio español.

A estas axudas, que ascenderán a 6 millóns de euros ata 2020, poderán acceder as empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos que impartan os cursos en centros homologados ou centros propios da Administración galega.

Segundo Núñez Feijóo, a súa esperanza é que o 25 % das subvencións estean dirixidas ao sector do metal e o 15 % ás tecnoloxías da información e a comunicación, áreas de forte impacto na automoción.

Comentarios