Cepeda deixa Twitter tras as burlas polos seus bocadillos 'veganos' de atún e salmón

O ourensán di que está farto de demasiado "odio gratuíto"

Cepeda. INSTAGRAM
photo_camera Cepeda. INSTAGRAM

Cepeda deixa Twitter. Ou polo menos así o anunciou, farto de demasiado "odio gratuíto". En realidade todo empezou cunha publicación súa na que anunciaba que acaba para comer dous bocadillos veganos de atún e salmón, que olevaron a casa e cuxo prezo, 17,30 euros, criticaba na rede social. "Intentas comer san un día en plan vegano mainstream glover guay hipster e aínda me doe o puñal", escribiu o ourensán.

A súa mensaxe espertou moitas críticas: uns aclarábanlle que eses sandwiches non eran veganos, outros censuraban que non os fixese en casa, outros saíron en defensa da empresa de transporte... E o cantante deu explicacións noutra mensaxe: "Xente, sei facerme un sandwich. Non os compro a 17 euros! [...] E sobre todo pido perdón a todos os atúns e salmóns do mundo por pensar que son legumes".

Con todo, o efecto foi o contrario e as burlas ao extriunfiño continuaron en Twitter. Cepeda, entón, estalou. E anunciou que deixaría de publicar na rede, seguindo o camiño doutros como Javier Ambrossi ou Dulceida.

Comentarios