O galego Jesús Vázquez dará as badaladas este fin de ano en Mediaset

Jesús Vázquez. ARQUIVO
Isabel Pantoja podería acompañar ao presentador esa noite

Mediaset confiou en Jesús Vázquez como encargado de dar a benvida ao 2020. O galego, presentador de programas como Quedo contigo e o futuro talent Idol Kids, converterase no rostro que das badaladas deste fin de ano. 

O compañeiro de Jesús Vázquez para anunciar a chegada ao novo ano aínda está por confirmar. Nun primeiro momento, corría o rumor de que podería ser Isabel Pantoja a que o acompañase, pero segundo Fórmula TV, "non está previsto que a Pantoja presente as badaladas".