Harvey Weinstein entrégase nunha comisaría de Nova York

O produtor de cine ponse a disposición da Xustiza polos cargos de abusos sexuais levantados contra el

Harvey Weinstein. EFE
photo_camera Harvey Weinstein. EFE

O produtor de Hollywood Harvey Weinstein entregouse este venres nunha comisaría de policía de Nova York para porse a disposición da Xustiza polos cargos de abusos sexuais levantados contra el.

Weinstein chegou cara ás 7.27 hora local (11.27 GMT) á comisaría número 1 do Departamento de Policía de Nova York (NYPD) para cumprir co procedemento de rexistro e co fin de que lle tomen a foto e as impresións dixitais. 

Comentarios