Kiko Rivera e Irene Rosales, pais da súa segunda filla

O Dj compartiu nas redes sociais a primeira imaxe de pequena, que naceu este martes en Sevilla

Kiko Rivera e Irene Rosales. INSTAGRAM
photo_camera Kiko Rivera e Irene Rosales. INSTAGRAM

Kiko Rivera e Irene rosales convertéronse en pais da pequena Carlota, a segunda filla da parella e a tarcera do Dj.  A nena naceu este martes, 30 de xaneiro, en Sevilla, nun parto programado.

O fillo de Isabel Pantoja compartiu cos seus seguidores nas redes sociais a primeira imaxe da nena. Unha emotiva fotografía en branco e negro na que aparecen as mans entrecruzadas de Carlota e os seus pais. 

"Por fin puiden verte e sentir o teu cheiro. Grazas mamá Irene Rosales. Carlota xunto coa miña Ana e Francisco complementa a miña felicidade perfecta", escribiu Rivera xunto á fotografía.
 


O Dj convértese, así, en pai de familia numerosa pois xa ten un fillo de 5 anos, Francisco, froito da súa relación coa modelo Jessica Bueno; e outra de dous, Ana, con Irene Rosales.  
 

Comentarios