Naomi Jacobs, a muller que se deitou con 32 anos e espertou con 15

A británica perdeu máis de 15 anos da súa vida que trata de recuperar coa axuda dos seus diarios

Imagen actual de Naomi Jacobs. TWITTER
photo_camera Imaxe actual de Naomi Jacobs. TWITTER

Era abril de 2008 cando Naomi Jacobs ergueu da cama e, de súpeto, notouno. A súa cara envellecera. A súa mente estaba nos 15 anos pero o seu corpo nos 32. ¿Que lle pasara?

"Pensaba que tiña 15 anos. Todos os meus sentidos, todas as miñas emocións eran as dunha moza de 15 anos. E cría que era 1992", conta nunha entrevista á BBC. 

O shock fíxose máis grande cando descubriu que tiña un fillo de 10 anos. A súa vida non era o que soñara como adolescente: nai solteira, desempregada e dependente do Estado para pagar os seus gastos e ter vivenda. 

A lectura dos seus diarios tamén lle levou a descubrir que tivera problemas de adicción ás drogas e que sufrira abusos sexuais cando era unha nena. "Enterrara esa memoria desde os 6 anos ata que cumprín os 25". 

Naomi seguía sen saber por que non recordaba nada a partir dos seus 15 anos. A resposta outorgoulla un psiquiatra tempo máis tarde: amnesia disociativa, un tipo de amnesia pouco frecuente provocada por tensión severa. 

Sen deixar que a situación puidese con ela, Naomi decidiu plasmar a súa historia nun libro, 'Forgotten Girl', 'A moza esquecida'. 

Comentarios