Roberto Vilar nunca máis invitará aos 'Gemeliers' ao seu programa de televisión

Roberto Vilar. AEP

O presentador sincerouse nun reto ao que foi sometido xunto ao chef Pepe Rodríguez por José Corbacho

Roberto Vilar realizou unha confesión impactante no último de programa de La noche de Rober. O presentador galego sincerouse e admitiu que nunca máis volvería invitar aos 'Gemeliers' ao seu programa de televisión.

Vilar tivo que confesar para evitar beber uns chupitos de chile picante, e é que José Corbacho someteu ao presentador e ao chef Pepe Rodriguez a un curioso reto. Corbacho realizaba preguntas e en caso de non respondelas os xogadores debían comer algúns 'manxares' como miolos crus ou ollos de peixe.

A Roberto Vilar tocoulle responder a quen non volvería ter no seu programa e o presentador confesou que a dous "rapaces e ídolos xuvenís, son xemelgos". Pronto se pescudou que se refería aos 'Gemeliers'. 

O galego explicou que o motivo era porque estes invitados "non encaixaron ben unhas bromas, ou eu non as fixen ben, e alagaron Twitter cun hashtag co nome do meu programa en Galicia, que era 'LandRoberBasura'".