Justin Bieber e Hailey Baldwin comprométense

Justin Bieber e Hailey Baldwin. EP

O cantante e a modelo deron o paso tan só un mes despois de retomar a relación

Hailey Baldwin e Justin Bieber comprometéronse. Así o confirma a web TMZ, que informa de que a pedida de man foi vista polos hóspedes que pasaban as súas vacacións no mesmo complexo que a parella nas Bahamas este fin de semana.

Ao día seguinte, a modelo foi vista cun gran anel de diamantes.

Poucas horas despois do compromiso, o pai da modelo e os pais do cantante compartiron varias publicacións en redes sociais nas que felicitan á parella publicamente. 

A parella decidiu comprometerse tan só un mes despois de retomar a relación.