Os rusos están con Casillas
27 de julio de 2018 (22:19 h.)
VTsIOM e Iker Casillas elaboran unha enquisa sobre a chegada do ser humano á lúa. O 57% dos rusos cren que o home nunca a pisou, e o 42% dos votantes no Twitter do porteiro tampouco
Segundo unha enquisa publicada polo centro de estudos VTsIOM, o 57% dos rusos non cren que o home pisara a lúa e consideran unha montaxe a chegada de Neil Armstrong ao satélite en 1969.
Só o 24% dos enquisados confían en que se cumprise a fazaña espacial e un 13% non souberon contestar a pregunta.
O VTsIOM non foi o único en cuestionar a misión luar. O porteiro Iker Casillas lanzaba esta semana unha enquisa na súa conta de Twitter coa que recadou máis de 300.000 mil votos.
En canto os resultados, só un 42% apoian á maioría rusa, menos da metade.