Polbos e lagostas caen do ceo nunha cidade chinesa

Varios langostinos en el parabrisas de un coche. TWITTER

Unha tromba mariña enguliu e expulsou a auga a multitude de animais mariños

Unha forte tormenta rexistrada o pasado 13 de xuño na localidade chinesa de Qingdao provocou que caesen do ceo todo tipo de criaturas mariñas: desde polbos e lagostas ata estrelas de mar. 

Usuarios das redes compartiron imaxes dos efectos deste insólito fenómeno denominado tromba mariña e que enguliu e expulsou da auga a multitude de animais mariños.