Unha xornalista a bordo do 'Aquarius': "Os inmigrantes están xa moi cansos"

O barco da ONG Sos Méditerranée, con 629 inmigrantes a bordo, atópase a 35 millas de Italia e 25 de Malta

El barco 'Aquarius'. EFE
photo_camera O barco 'Aquarius'. EFE

A xornalista de RNE Sara Alonso, que se atopa dentro do buque Aquarius, que espera con 629 inmigrantes no seu interior unha autorización para atracar, explicou a Efe que "a situación está acougada", pero os migrantes "están xa moi cansos e empeza a facer moito calor na cuberta".

O barco da ONG Sos Méditerranée, con 629 inmigrantes a bordo, atópase a 35 millas de Italia e 25 de Malta, esperando unha autorización para o desembarco, nunha posición indicada polas autoridades italianas, que advertiron de que o seu país non vai aprobalo.

Esta xornalista española da área de internacional de RNE conta en conversación telefónica con Efe que sobre as dez da mañá procedeuse á repartición do almorzo "de forma ordenada" aos migrantes.

"A xente xa está moi cansa, levamos dous días aquí dentro do barco, máis a xornada de fóra", sinalou Sara Alonso, quen detallou que os homes dormen na cuberta do buque, mentres que as mulleres e os nenos no interior. "Hai 123 menores, 11 bebés e catro embarazadas", detalla a reporteira.

"Os homes están no chan da cuberta, que está ateigada de xente e fai moito calor xa a esta hora, unha calor que vai ir en aumento", alerta.

A xornalista está a narrar na súa conta Twitter esta longa espera. "O espazo é moi limitado para tanta xente e apenas nos podemos mover: antes de recibir alimento todos se lavan as mans", é un das súas últimas mensaxes.

Comentarios