Augardentes de Galicia organiza tres catas no Fórum Gastronómico de Xirona
23 de febrero de 2009 (18:12 h.)
Na primeira das catas, a secretaria do Consello, Carmen Otero, explicará as propiedades de diferentes destilados amparados por este Consello Regulador: dúas augardentes de bagazo (un elaborado coa variedade albariño e, outro coa mencía), un licor café e un de herbas, así como unha augardente de herbas.
Ademais, este Consello Regulador estará presente na caseta da Xunta de Galicia no Fórum, onde celebrará outras dúas catas.
O Fórum, unha oportunidade única
O Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais quixo aproveitar esta oportunidade, segundo explica Otero ''despois do éxito que tivemos durante a nosa participación, por primeira vez, no fórum en Santiago'', o ano pasado.
''Ademais, Cataluña é para nós unha cita primordial polo tirón que ten este produto nesa comunidade'', explica recordando que os mercados naturais para as Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia continúan sendo as provincias do norte de España, ademais de Madrid e Barcelona.