Alternancia de nubes e claros en Galicia este xoves

ALBA SOTELO
As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente

O xoves Galicia queda baixo a influencia anticiclónica en superficie, mantendo o réxime de ventos do nordés, pero con aire frío nas capas medias e altas da atmosfera.

Así, agárdase unha mañá de ceos abertos, con máis nubes no norte de Lugo, onde se poderá rexistrar algunha chuvia feble; pola tarde as nubes serán máis abundantes en xeral.

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará moderado do nordés con intervalos fortes na Costa da Morte.