Nubes e choiva nunha xornada con poucos cambios nos termómetros
07 de agosto de 2019 (04:59 h.)
As previsións meteorolóxicas apuntan a que Galicia vivirá este mércores unha xornada de ceos nubrados e choivas xeneralizadas, máis probables na franxa atlántica.
Atendendo á información de Meteogalicia, as temperaturas non experimentarán cambios significativos. As mínimas moveranse entre os 16 graos de Lugo e os 19 de Pontevedra, Vigo e Ferrol. As máximas chegarán aos 28 en Ourense.