O ceo galego continúa este luns entre as nubes e os claros
05 de agosto de 2019 (04:47 h.)
As previsións meteorolóxicas anuncian poucos cambios para este luns na comunidade. Así, Meteogalicia apunta que nos ceos alternarán nubes e claros en xeral, con nubes máis compactas na franxa atlántica, con néboas matinais nas comarcas do interior e algunhas brumas costeiras.
En canto aos termómetros, as temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas —entre os 24 graos da Coruña e os 32 de Ourense ascenderán lixeiramente no terzo norte.