Ceos despexados este domingo en Galicia

Xente paseando pola Rúa do Franco en Santiago. XOÁN REY (EFE)
As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas apenas terán cambios

As altas presións localizadas no Atlántico continuarán dominando a situación meteorolóxica en Galicia, achegando estabilidade. Deste xeito agardamos unha xornada de ceos en xeral pouco nubrados ou despexados, con algunhas nubes de estancamento no litoral cantábrico.

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas apenas terán cambios. Os ventos soprarán do nordés, máis intensos na metade norte, onde acadarán intervalos fortes.