Ceos pouco nubrados e despexados este venres en Galicia
12 de noviembre de 2020 (21:52 h.)
As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso
O venres Galicia queda na influencia das altas presións, con ventos de compoñente sur. Así, agárdase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados, con algún intervalo de nubes altas e bancos de néboa matinais en puntos da provincia de Ourense.
As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos.
Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos no interior, moderados na costa.