A choiva despídese de Galicia por uns días

A xornada preséntase con nubes e algún chuvasco ocasional. ALBA SOTELO

As temperaturas mínimas descenderán, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso

A inestabilidade atmosférica irá abandonando Galicia progresivamente durante a xornada deste sábado, cando os ceos alternarán nubes e claros e haberá chuvascos, que serán máis probables canto máis ao norte e durante a mañá, segundo a predición de Meteogalicia

As temperaturas mínimas descenderán, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso.

Os ventos soprarán do noroeste, frouxos en xeral, moderados na costa de Lugo.