A choiva pode facer aparición acompañada de tormenta

Mapa do tempo. EP
Meteogalicia prognostica unha entrada de aire frío nas capas altas da atmosfera

Os ceos estarán parcialmente nubrados este domingo con chuvascos máis frecuentes e intensos conforme avance o día.

As choivas poderían ir acompañadas de lóstregos, segundo as previsións do tempo para este domingo de Meteogalicia.

O instituto meteorolóxico prognostica unha entrada de aire frío nas capas altas da atmosfera que deixará unha situación moi inestable sobre Galicia.