Os chuvascos estarán presentes este venres en Galicia
25 de marzo de 2021 (21:13 h.)
As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso
O venres chegará unha fronte fría a Galicia a partir do mediodía. Así, durante a mañá os ceos estarán parcialmente cubertos, con posibilidade de chuvias febles no litoral atlántico. A partir do mediodía o paso da fronte deixará chuvascos nas provincias da Coruña e Lugo e norte da provincia de Pontevedra.
As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará do sudoeste frouxo pola mañá, virando a noroeste, moderado pola tarde para volver a rolar pola noite a nordés.