Os chuvascos estarán presentes este xoves en Galicia

Unha muller con máscara e paraugas. EFE
As temperaturas mínimas seguirán sen cambios ou en lixeiro descenso

O xoves quedaremos na influencia dunha borrasca pouco profunda situada ao oeste de Galicia que nos traerá unha xornada de moita inestabilidade atmosférica. Teremos así un día de ceos parcialmente cubertos con chuvascos probables en calquera punto, ocasionalmente de carácter tormentoso.

As temperaturas mínimas seguirán sen cambios ou en lixeiro descenso e as máximas sufrirán un notable descenso. O vento soprará moderado de compoñente sur pola mañá e quedará frouxo de dirección variable a partir do mediodía.