Continúa a inestabilidade no tempo de Galicia
21 de julio de 2021 (23:08 h.)
Este xoves irá en aumento a inestabilidade pola entrada de aire frío nas capas altas da atmosfera. Así, espérase unha xornada con nubes baixas e néboas nas comarcas próximas ao litoral. Pola tarde crecerán nubes de evolución que poden deixar algún chuvasco tormentoso, máis probable nas zonas altas das provincias de Lugo e Ourense.
Segundo información publicada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, o vento soprará frouxo do noroeste. Pola súa banda, as temperaturas mínimas non experimentarán cambios e as máximas terán un lixeiro descenso.
Deste xeito, nas cidades galegas as máximas subirán ata os 32 graos en Ourense e os valores mínimos descenderán ata os 14 graos en Santiago e Vigo.