Cinco traballadores feridos durante a extinción dun incendio en Ribas de Sil

O lume, que xa foi estabilizado, calcinou unhas 15 hectáreas de terreo

Cinco traballadores resultaron feridos, un deles grave, ao tratar de apagar un incendio declarado este luns na parroquia de San Clodio, en Ribas de Sil. 

Segundo informou a Xunta, os operarios víronse afectados por "un cambio de dirección no vento", que provocou "unha variación brusca do sentido das chamas".

O ferido grave é un condutor de motobomba que foi trasladado de urgenica ao hospital da Coruña. O resto dos feridos son un técnico e un axente que sufriron queimaduras, outro condutor de motobomba que presenta contusións tras envorcar o vehículo que conducía e un peón que sufriu un golpe de calor. Todos eles foron trasladados aos hospitais de Monforte e A Coruña.

O incendio comezó ás 15.43 horas deste luns e foi estabilizado ás 20.25 horas. Segundo as primeiras estimacións a superficie queimada son 15 hectaráreas.

No lugar traballan catro helicópteros, catro motobombas, nove brigadas, dous técnicos, catro axentes e unha pa.