Domingo con chuvias en Galicia
19 de septiembre de 2021 (00:39 h.)
As temperaturas non experimentarán cambios significativos
Unha fronte pouco activa chgará a Galicia na segunda metade do día. Así, comezaremos a xornada cos ceos parcialmente cubertos e bancos de néboa no interior.
A partir do mediodía comezarán as chuvias polo noroeste e iranse estendendo ao resto da Comunidade co avance da tarde. As temperaturas non experimentarán cambios significativos.
Os ventos soprarán frouxos, do suroeste pola mañá, rolando a noroeste ó paso da fronte.