Entrante

Ingredientes

  • 200 gramos de lagostinos Pescanova.
  • Un vaso de leite evaporado.
  • Dous culleradas de aceite de oliva.
  • Un tomate, media ceboleta e un allo porro.
  • Un chorriño de viño branco.
  • Unhas pingas de vinagre.
  • Unha presa de noces.
  • Sal e pementa

Elaboración
Cortar o allo porro en toros finos e sofritir nun pouco de aceite. Engádese o leite evaporado e déixase cocer. A continuación, pélanse os tomates, córtanse en dados, réganse con aceite e resérvase. Pélanse os lagostinos Pescanova, saltéanse con aceite de oliva e retíranse. No mesmo aceite bótanse as cabezas e as cascas cun chorriño de viño branco e redúcense a lume alto. Pásase por un colador e resérvase este lÍquido.

Finalmente, pícase a ceboleta e engádese o vinagre, o aceite e o mollo dos lagostinos para facer un aderezo. Colócanse os allos porros, os tomates, os lagostinos e cóbrese co aderezo. Bótanse noces por riba e listo.