Entrante

Ingredientes

  • 600 gramos de salmón de Pescanova.
  • Unha rodaja de cabaza, unha pataca, un calabacín, unha escarola e unha granada .
  • Oito champiñóns.
  • Un vaso de viño de Xerez.
  • Vinagre, sal, pementa negra e aceite de oliva.

Elaboración

Pelar e cortar a pataca e a cabaza en dadiños, pochar e sazonar. Cando empecen a tomar cor, incorpóranse os champiñóns cortados á cazola. A continuación lávase o calabacín, córtase en dados e engádese. Cando as verduras estean a punto vértese o viño e cocíñase ata que se evapore o líquido. Nunha cunca colócanse a escarola e a granada xa debullada e aderézanse con aceite, vinagre e sal. Mestúrase e reserva.

Para facer as bolboretas córtase o salmón de Pescanova en tiras, faise un corte no centro de cada tira ao longo e ábrese, esmagando un pouco cun coitelo. Salpeméntase o salmón e ásase na grellada un par de minutos por cada lado. Para rematar, sérvese a verdura no fondo do prato e colócase enriba o salmón.