Estabilizado o incendio declarado en Muíños
19 de agosto de 2017 (21:36 h.)
No dispositivo de extinción están a traballar dous axentes, 10 brigadas, cinco motobombas, unha pa, cinco helicópteros e cinco avións
O incendio orixinado este sábado no municipio de Muíños (Ourense) foi estabilizado ás 18.48 horas, segundo informaron fontes da Consellería do Medio Rural.
En concreto, o lume rexistrouse na parroquia de Cados e calcinou ata o momento unhas cinco hectáreas.
O lume iniciouse ás 16.48 horas e no dispositivo de extinción están a traballar dous axentes, 10 brigadas, cinco motobombas, unha pa, cinco helicópteros e cinco avións.