Domingo de influencia anticiclónica en Galicia

Xente nunha terraza de Pontevedra. RAFA FARIÑA
As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso

O domingo espérase influencia anticiclónica sobre Galicia, con circulación do nordeste. Con esta situación teremos ceos con alternancia de nubes e claros no extremo norte e ceos pouco nubrados ou despexados no resto. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do nordeste, moderados no litoral e frouxos no interior.