Galicia pasará un martes anticiclónico con intervalos de nubes no norte de Lugo
23 de agosto de 2021 (19:37 h.)
As temperaturas mínimas irán en lixeiro descenso e as máximas experimentarán poucos cambios
Durante o martes espérase influencia anticiclónica en Galicia, que pasará unha
As temperaturas mínimas irán en lixeiro descenso e as máximas experimentarán poucos cambios.
Con esta situación, haberá ceos despexados en xeral, excepto no norte de Lugo, onde haberá intervalos de nubes baixas. Xa pola tarde, crecerán as nubes de evolución en zonas de interior.
Espérase vento frouxo de dirección variable en Ourense e vento do nordés no resto da comunidade, que será forte no litoral noroeste, concretamente entre Estaca de Bares e Fisterra.
Temperaturas
A Coruña: 19° - 27°
Ferrol: 19° - 26°
Lugo: 14° - 27°
Ourense: 18° - 36°
Pontevedra: 18° - 34°
Santiago de Compostela: 17° - 29°
Vigo: 22° - 34°
Ferrol: 19° - 26°
Lugo: 14° - 27°
Ourense: 18° - 36°
Pontevedra: 18° - 34°
Santiago de Compostela: 17° - 29°
Vigo: 22° - 34°