Un luns de transición cara á influencia anticiclónica
17 de febrero de 2020 (01:38 h.)
Galicia quedará o luns, tras o paso dunha fronte durante a madrugada, nunha situación transitoria cara a influencia anticiclónica da que gozará os seguintes días.
Desta forma, espéranse ceos con alternancia de nubes e claros, con posibilidade de chuvascos illados e ocasionais. As temperaturas sufrirán un moderado descenso.
Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados no litoral, con intervalos fortes na costa norte e frouxos no resto.
Temperaturas máximas e mínimas
Coruña 11 13º, Ferrol 11 14º, Lugo 6º 12º, Ourense 7° 16º , Pontevedra 9º 15º, Santiago de Compostela 7º 13º e Vigo 11º 14º.