O mércores pola tarde chegará a Galicia unha nova fronte con choivas persistentes
05 de noviembre de 2019 (23:48 h.)
As precipitacións faranse máis persistentes pola tarde
O tempo caracterizarase o mércores en Galicia pola situación intermedia entre as borrascas de xornadas anteriores e outra que chegará a partir de media tarde cunha fronte asociada.
Desta forma, espérase unha mañá de ceos nubrados e algunhas choivas débiles e ocasionais, máis probables na metade oeste.
Xa pola tarde estas precipitacións iranse facendo máis persistentes e movéndose de oeste a leste.
As temperaturas quedarán sen cambios ou descenderán lixeiramente.
Os ventos soprarán de compoñente oeste, intensificándose ao final do día coincidindo coa chegada do fronte.
Temperaturas mínimas e máximas previstas:
A Coruña 12º 15º
Ferrol 12º 16º
Lugo 5º 12º
Ourense 7º 14º
Pontevedra 10º 15º
Santiago 8º 13º
Vigo 9º 15º
A Coruña 12º 15º
Ferrol 12º 16º
Lugo 5º 12º
Ourense 7º 14º
Pontevedra 10º 15º
Santiago 8º 13º
Vigo 9º 15º