Nova xornada de tormentas este mércores en Galicia

Mapas do tempo para este mércores. METEOGALICIA

O mércores Galicia quedará na influencia dunha borrasca situada ao oeste de Fisterra que enviará unha fronte durante a tarde.

A xornada comezará cos ceos parcialmente cubertos e a partir do mediodía chegarán os chuvascos, ocasionalmente de carácter tormentoso, segundo o prognóstico de Meteogalicia.

As temperaturas non terán cambios significativos, e os ventos soprarán frouxos de compoñente sur en xeral e de compoñente leste no litoral norte.