Nubes e claros, sen descartar algún chuvasco, este venres en Galicia

Xente paseando pola Rúa do Franco en Santiago. XOÁN REY (EFE)
Temperaturas mínimas en moderado a notable descenso, máximas sen cambios significativos

Galicia irá quedando durante esta xornada de xeito transitorio baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros e algún chuvasco ocasional algo máis probable pola mañá. A cota de neve estará nos 1200 metros.

Temperaturas mínimas en moderado a notable descenso, máximas sen cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados no litoral norte e frouxos no resto.