Nubes e claros con posibilidade dalgún orballo no litoral

No ceo alternaranse nubes e claros. ALBA SOTELO
O ceo estará nubrado practicamente durante todo o día

Este sábado permitiranos despedirnos das choivas dos últimos días. Aínda que non se descartan algunhas choivas ocasionais nos litorais, o ceo estará principalmente nubrado durante a primeira metade do día aínda que despois poderase ver algún raio de sol.

As temperaturas mínimas descenderán de forma lixeira e as máximas manteranse con poucos cambios, con aumentos locais nas montañas do sueste.

O vento soprará do oeste e suroeste no litoral amainando e tendendo a noroeste e norte pola tarde. No interior, sur e suroeste soprará frouxo tendendo a oeste pola tarde e a norte ao final do día.