As nubes da mañá darán paso aos claros da tarde ao longo deste mércores en Galicia

Predición meteorolóxica para este mércores. METEOGALICIA
As temperaturas ascenden lixeiramente na comunidade, tanto as mínimas como as máximas ► O vento soprará frouxo de compoñente norte

Durante a xornada do mércores continuaremos en Galicia baixo influencia anticiclónica, aínda que cos restos dunha fronte rozando o norte da Comunidade á primeira hora.

Así, tras unha mañá de ceos nubrados e algunha chuvia feble na metade norte, a tendencia pola tarde será a apertura de grandes claros.

Respecto ás temperaturas, ascenderán lixeiramente, tanto as mínimas como as máximas. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

Temperaturas
A Coruña: 14° - 20°
Ferrol: 14° - 21°
Lugo: 12° - 20°
Ourense: 11° - 25°
Pontevedra: 13° - 23°
Santiago de Compostela: 12° - 22°
Vigo: 13° - 22°