As nubes estarán presentes nos ceos galegos este martes

Nubes e claros. ALBA SOTELO
As temperaturas seguirán sen cambios

O martes será unha xornada de transición na que iremos perdendo progresivamente a influencia da altas presións e así a estabilidade. Amenceremos con ceos pouco nubrados en xeral e co avance do día as nubes irán entrando polo noroeste. A noite será xa de ceos moi nubrados con posibilidade de orballos.

As temperaturas seguirán sen cambios. O vento soprará de compoñente oeste frouxo en terra, con intervalos moderados no litoral norte.