As nubes seguen mandando no ceo en Galicia
09 de septiembre de 2021 (00:54 h.)
Galicia continúa este xoves baixo a influencia das baixas presións, polo que non se esperan cambios significativos no plano meteorolóxico. Así é que os mapas de previsións debuxan un ceo no que seguen mandando as nubes, que descargarán chuvascos.
Meteogalicia augura que, nunha xornada na que o vento soprará frouxo do suroeste, as temperaturas tampouco variarán moito. Nas cidades, as mínimas moveranse entre os 15 graos de Lugo e os 19 de Pontevedra, Vigo, A Coruña e Ourense. As máximas acadarán os 22 ou 23 graos.
Temperaturas mínimas e máximas previstas
A Coruña 19° 22°
Ferrol 18° 22°
Lugo 15° 22°
Ourense 19° 23°
Pontevedra 19° 23°
Santiago 18° 22°
Vigo 19° 23°
Ferrol 18° 22°
Lugo 15° 22°
Ourense 19° 23°
Pontevedra 19° 23°
Santiago 18° 22°
Vigo 19° 23°